A Pobra convoca a terceira edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

30 Xullo 2020

O Concello da Pobra, a Editorial Galaxia e a Asociación Cultural Barbantia convocaron a terceira edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, edición 2020. Segundo se indica nas bases (que se poden consultar na web do Concello, na de Galaxia e na de Barbantia), o prazo para a presentación de contribucións estará aberto este verán até o 30 de setembro. Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presentasen os seus orixinais en lingua galega (de conformidade coa normativa RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. As obras deberán ser inéditas e non premiadas.

O galardón, que poderá non ser outorgado (se o xurado estima que ningunha das obras presentadas acada a calidade requirida), considerará unha única contribución gañadora, á cal se lle asignará unha dotación económica de 1.500 euros. O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil, unha delas da propia editorial. O ditame darase a coñecer no día 30 de outubro e a entrega do premio será o 20 de novembro.

Como lembraremos, o recoñecemento da anterior convocatoria foi dar ao escritor Xosé A. Neira Cruz por O enigma do baúl pechado.

Outros artigos

“Comunidade de montes” – José Manuel Pena

As Comunidades de montes desenvolven un importante labor social nos espazos rurais, ademais de ser unhas ferramentas comunitarias e veciñais fundamentais para afrontar a realización de diferentes melloras nas parroquias. Para iso necesítase realizar unha boa xestión e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión