Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

24 Setembro 2026

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.


Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á nova edición dos obradoiros Girl STEAM do CPETIG. Tamén abordamos os seguintes temas:

  • A UDC crea neste curso a Vicerreitoría de Estratexia Dixital e Intelixencia Artificial
  • Investigadoras do CITIC participan no IX Encontro Estatal de APCGénero
  • A Deputación da Coruña activa un servizo de protección de datos
  • O CNTG presenta a súa nova programación 2026/2027: 147 cursos
  • David Lago conseguiu unha medalla de prata na Olimpíada Informática Internacional
  • Fernando Suárez (CPEIG) lémbranos a presenza cada vez maior das compañías tecnolóxicas
  • Miguel Corgos destacou na Estrada o éxito de Enredando Tour
  • Medra case un 57% nun ano o uso da IA nas firmas galegas de dez ou máis traballadores
  • Máis de 330 nenos e nenas participaron na nova edición dos novos obradoiros Girl STEAM
  • Galicia refórzase como destino para novas empresas e investimentos (IGAPE)
  • Nace Xeogalicia, un novo proxecto para descubrir, comprender e protexer a xeoloxía de Galicia
  • Youtubeiras celebra con importantes novidades a súa 10ª edición
  • A Real Academia Galega presenta o Dicionario castelán-galego en liña
  • O Campus de Pontevedra celebra en outubro o III Congreso Internacional de Creatividade
  • A experta en Lingüística Computacional Maite Taboada ingresa na RAGC
  • Pictoaplicaciones lanza un innovador punto de encontro online para o voluntariado
  • Prosegue a edición 2026 da xira Toponimízate da man da RAG e a Secretaría da Lingua
  • O MARCO acolle os días 15 e 16 de outubro as VIII Xornadas Videoxogo e Literatura
  • Cangas acolle as II Xornadas do Galego no Videoxogo e Uso Saudable

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.