Chega a Rianxo (a partir deste venres 24) a mostra Jazz Espido de Eva Lloréns e Mª do Carme Kruckemberg

23 Xullo 2020

Ao abeiro do programa de actividades dun dos grandes acontecementos deste verán en Rianxo, a nova edición do festival Noites de Jazz, inaugúrase este venres 24 de xullo, no Centro Sociocultural-Auditorio, unha mostra de debuxos que traducen a imaxes e palabras as expresións, as emocións e os descubrimentos sensoriais que comparten músicos e público arredor do devandito estilo de música (moitos estilos, en realidade, baixo unha mesma etiqueta: o jazz). Estamos a falar da exposición Jazz Espido. 17 debuxos de Eva Lloréns e 17 poemas de Mª do Carme Kruckemberg, que, como dixemos, ábrese ao público este venres ás 12.30 horas.

Unha mostra que primeiro foi libro

A mostra xorde do traballo conxunto, orixinariamente en formato libro (editado por Barbantesa), da poeta viguesa María do Carme Kruckenberg e maila artista Eva Lloréns. Jazz espido cingue textos sobre grandes instrumentalistas e voces do jazz acompañados de espidos masculinos e femininos que “ilustran os movementos e sentimentos dos versos”, segundo reza no resumo orixinario do proxecto, unha colección de “imaxes feitas palabras que expresan a grande admiración da autora pola música do jazz”.

A inauguración

A exposición ábrese ao público este venres 24 ás 12.00 horas. Será no marco dunha rolda de prensa na que tamén se darán a coñecer as actuacións do festival Noites de Jazz. Estarán presentes Xoán Pastor (director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital), Mercedes Queixas Zas (poeta, novelista e política), Raquel García Abuín (concelleira de Cultura do Concello de Rianxo) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde do Concello de Rianxo).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.