Agoraphobia axudará aos técnicos dos directos co seu novo vídeo-clip nas redes

30 Xullo 2020

A banda boirense de rockeiras Agoraphobia vén de revolucionar as redes cun novo vídeo-clip de seu, Inglorious Mind, un audiovisual que alén das súas importantes contribucións musicais, ten un elemento extra de relevancia ao ser unha iniciativa solidaria co gremio dos técnicos do directo dos espectáculos musicais. Protagonizado polo actor Luís Zahera, o vídeo está adicado a un dos sectores máis afectados economicamente pola crise da COVID-19.

Segundo informan as integrantes da banda de Boiro, o beneficio íntegro derivado da venda da canción en plataformas dixitais, das reproducións do vídeo-clip e da poxa de cinco instrumentos Epiphone irá destinado a PEATE (Plataforma Estatal de Asociacións de Técnic@s do Espectáculo).

O tema Inglorious Mind é unha das cancións incluídas no seu último disco Unaligned. Dirixido por Jacobo Areal e protagonizado polo actor Luís Zahera, ten como dixemos unha importante vertente solidaria: o beneficio íntegro derivado da venda da canción en plataformas dixitais e das reproducións do vídeo durante 6 meses, ademais do recadado na poxa de catro guitarras e un baixo doados por Epiphone (prestixiosa marca de instrumentos profesionais) e as tendas Rockbox, ArdeMadrid e Málaga 8, irá destinado a PEATE (Plataforma Estatal de Asociacións de Técnic@s do Espectáculo), para que os seus integrantes poidan “constituírse como asociación e ao fin ter voz por si mesmos”.

Outros artigos

Barbanza Arousa entrega os premios da XI edición da ruta + q Tapas

A Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos concellos da Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro e Ribeira, entregou na mañá deste martes 3 de marzo os galardóns da novena edición da Ruta de Tapas + q Tapas, impulsada pola entidade supramunicipal. A hostalaría dos catro...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.