Aerocamaras celebrará o martes unha demostración de salvamento con drons en Ribeira

17 Xullo 2020

A empresa galega Aerocamaras, especializada en desenvolvemento de drons e en formación vencellada a este tipo de vehículos aéreos non tripulados, continúa o seu periplo de capacitación e demostración polo noso litoral. Así, o vindeiro martes 21 de xullo os técnicos de Aerocamaras realizarán unha demostración de salvamento marítimo con drons coa Policía Local o grupo de Protección Civil do Concello de Ribeira.

Esta actividade é unha práctica que se celebra ao abeiro da Formación Profesional de Drons en situacións de emerxencia e seguridade de Aerocamaras, que se imparte o luns e o martes aos integrantes dos ditos corpos locais.

A sesión desenvolverase na praia de Coroso entre as 15 e as 18 horas: de 15 a 16 un instrutor realizará unha explicación da práctica e de 16 a 18 horas faranse varias demostracións prácticas coma se se tratase dun caso real.

A experiencia consistirá en simular unha situación de emerxencia na que unha persoa necesita ser rescatada no mar. O dron localiza ao suxeito e procede a carrexarlle un marpa (elemento que contén material útil para o suxeito como un chaleco salvavidas) que deixará caer nas súas proximidades para que poida manterse seguro e estábel até o seu rescate. O vehículo aéreo tamén dispón dun altofalante para conseguir comunicación directa e tranquilizar á persoa na auga.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.