A TVG emite ás 10,00 horas deste mércores os debates provinciais entre as sete principais forzas

01 Xullo 2020

A Televisión de Galicia emite este mércores a partir das 10,00 horas os debates provinciais entre candidatos das sete principais forzas –PP, Marea Galeguista, PSdeG, BNG, Galicia En Común, Cidadáns e Vox– que compiten nas eleccións autonómicas deste 12 de xullo.

Os debates ofreceranse en desconexión provincial a partir das 10,00 horas, dentro do espazo informativo ‘ Bos Días’. Os encontros repiten o esquema do debate entre cabezas de lista celebrado na noite do pasado luns na Televisión de Galicia. Así, haberá catro bloques temáticos –coronavirus, economía, políticas sociais e gobernabilidade e encaixe de Galicia no Estado– nos que non haberá quendas fixos de intervención. Deste xeito, será o moderador quen reparta os tempos “da forma máis equitativa posible”, segundo detalla o ente público.

Os debates terán unha hora de duración e serán gravados en San Marcos, en Santiago. As emisións serán repetidas pola G2, a segunda canle da TVG, tras o Telexornal Serán entre o mércores e xoves. Deste xeito, poderán verse os debates de candidatos de Lugo e Ourense o mércores a partir das 23,00 horas. Á mesma hora, pero un día despois, ofreceranse os encontros provinciais de Pontevedra e A Coruña serán repetidos.

No debate da Coruña, os participantes serán Ánxeles Vázquez (PPdeG), María Chao Martínez (Marea Galeguista), Pablo Arangüena (PSdeG), Xosé Luís Rivas ‘ Mini’ (BNG), Luca Chao (Galicia en Común- Anova Mareas), Carmen Mahía ( Cs) e Ricardo Morado ( VOX).

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.