A Policía Nacional detén en Ribeira a dúas persoas por un delito tráfico de drogas

15 Xullo 2020

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención dun home e dunha muller de 77 e 48 anos de idade, respectivamente, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. Ao abeiro dun dispositivo establecido para a prevención de venda de estupefacientes na cidade, os axentes procederon á interceptación e identificación das dúas devanditas persoas, localizándolles a ambas, entre as súas pertenzas, dúas bolsas plásticas que contiñan no seu interior “unha certa cantidade de sustancia estupefaciente (cocaína e heroína)”.

Ademais, foilles intervida unha cantidade de 1.609,79 euros en efectivo, en billetes e moedas de diverso valor, así como dous terminais telefónicos e un vehículo utilizado para o transporte e garda da sustancia e o diñeiro referido. Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, deuse conta de todo o actuado ao Xulgado de Instrución Número Un de Ribeira, en funcións de garda. Aos detidos cónstanlles antecedentes policiais por feitos similares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.