A Escola de Música de Rianxo organiza un festival de verán en Youtube

01 Xullo 2020

Co fin de compensar a ausencia dun programa cultural e festivo normalizado nos nosos concellos e garantirnos, a través das redes, o acceso á boa música, a Escola de Música de Rianxo organizou estes días un Festival de Verán a través da súa canle propia en Youtube, onde xa se avanzan datos das primeiras actividades. O certame comeza este 1 de xullo, ás 12.30 horas, cunha sesión a cargo da aula de frauta. O festival conta coa colaboración da Área de Cultura de Rianxo.

As actividades encherán a primeira metade de xullo de sesións musicais, todas elas programadas á mesma hora (ás 12.30 horas). Este xoves será a quenda da aula de oboe e o venres da de clarinete. O sábado será protagonista a de saxofón e o domingo a de trompeta. A vindeira semana comeza (o luns) coa de trompa e o martes coa de trombón.

Outros artigos

O director de XERA visitou en Rianxo a sede dos estaleiros Catoira

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, visitou na mañá deste xoves 22 de xaneiro a sede dos Astilleros Catoira en Rianxo, onde mantivo unha reunión de traballo coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.