O Concello de Rianxo recibiu unha subvención por importe de 32.215,58€ para a contratación de dúas persoas desempregadas por un período de nove meses e co obxectivo de realizar tarefas de limpeza. A subvención, enmarcada na liña de axudas para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural), permitirá reforzar as actuacións encamiñadas a manter nun correcto estado a rede viaria de titularidade municipal e as franxas secundarias. Nos vindeiros días o Concello de Rianxo presentará as ofertas de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro.




