A Deputación acolle a presentación do mapa de xestión catastral aos concellos da provincia

16 Xullo 2020

Alcaldesas e alcaldes, entre eles os do Barbanza, interesáronse pola nova ferramenta, produto dun convenio entre a Deputación e o Catastro, que permite aos concellos coñecer e xeolocalizar a información de todos os bens inmobles do municipio, así como colaborar na actualización de datos

O deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira Piñeiro, o xerente do Catastro en Galicia, Benito Bericohea, a xerente adxunta do organismo, Victoria Fernández e a vicetesoureira provincial, Ana Fernández, presentaron hoxe na sede da institución provincial a última dunha serie de xornadas destinadas  aos alcaldes e alcaldesas da provincia sobre novas formas de colaboración entre Castastro e concellos. A actividade dividiuse en varias edicións durante os últimos dous días debido á necesidade de acotar o aforo para garantir as medidas de prevención e seguridade con motivo da covid-19.

Os rexedores mostraron especial interese no mapa de xestión catastral, unha nova ferramenta, produto dun convenio entre a Deputación e o Catastro, que permite aos concellos coñecer toda a información detallada dos bens inmobles de cada municipio, así como colaborar achegando novos datos e documentación que permitan unha actualización constante do mapa.

Antonio Leira destacou que o obxectivo desta ferramenta é que os concellos podan contar cun inventario catastral o máis completo, actualizado e preciso posible e, ao mesmo tempo, colaborar co Catastro completando os datos trámites que faltan.

Leira sostivo que Deputación e Catastro seguirán colaborando estreitamente en cuestións que supoñan menos cargas, obrigas e desprazamentos para a cidadanía, máis axilidade nos trámites e mellor coordinación entre administracións.

Tanto o xerente do Catastro, Benito Bericochea, coma a xerente adxunta, Victoria Fernández, destacaron a aposta do organismo pola dixitalización  así como a “dobre utilidade” deste mapa, “un canal de información permanente entre o Catastro e os concellos”, cuxa colaboración resulta imprescindible para manter ao día datos coma as novas altas, rehabilitacións ou cambios de titularidade dos bens inmobles, xeolocalizando a información de forma moi intuitiva para o usuario.

Puntos de Información Catastral

Os responsables do Catastro subliñaron tamén a importancia de contar con Puntos de Información Catastral (PIC) nos municipios. “O PIC é abrir unha ventá do Catastro no concello”, afirmou Benito Bericochea, que animou aos municipios que aínda non contan con este servizo a implantalo, xa que evita desprazamentos e mellora a atención que se presta á cidadanía sen apenas custe para as entidades locais.

A Deputación da Coruña xa conta cun PIC en cada unha das zonas tributarias da provincia, onde a cidadanía pode acceder á información catastral, realizar trámites ou obter información.

Presentación do mapa de xestión catastral aos concellos da provincia

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.