Seguen baixando os enfermos de COVID19 en Santiago- Barbanza. Quinto día sen vitimas mortais

09 Xuño 2020

Na área sanitaria de Santiago- Barbanza hai catro hospitalizados por coronavirus, tres en hospitalización convencional e 1 na UCI do Hospital Clínico de Santiago. HAi 1.638 pacientes curados e realizaronse 22.488 PCR.

En Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 503, deles 112 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 37 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 192 da área de Vigo, 105 da de Santiago, e 13 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 15 están en unidades de hospitalización e 487 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.275 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos. O número de PCR realizadas é de 152.130.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.