Rianxo retoma a inauguración da mostra As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza, adiada por mor da COVID-19

25 Xuño 2020

Logo do aprazamento derivado da declaración do Estado de Alarma, que obrigou a que a exposición itinerante As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: A Orixe adiase a súa inauguración en Rianxo, retómase estes días a actividade da mostra, impulsada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar, e a propia actividade da asociación. Segundo nos contan fontes da entidade, a exposición recalará finalmente este venres 26 de xuño no Auditorio de Rianxo.

Trátase dunha mostra divulgativa e de carácter itinerante, enfocada en dar a coñecer o ronsel do patrimonio cultural, histórico e artístico presente no itinerario terrestre deste camiño xacobeo, en proceso de recuperación e posta en valor, por iniciativa desta entidade asociativa: Amigos do Camiño.

A exposición reflicte por medio de fotografías as evidencias históricas da ruta xacobea entre Corrubedo e Santiago, percorrido que foi presentado en sociedade o 19 de decembro de 2019 en Compostela e de cuxa peregrinaxe deron conta o 6 de marzo deste ano en Corrubedo.

A autoría das imaxes achegadas é de Adolfo Enríquez, fotógrafo do Barbanza, galardoado con numerosos premios dos ámbitos nacional como internacional, amais de ser un profesional con ampla experiencia na promoción exterior de Galicia a través de traballos editoriais e expositivos.

O comisario da mostra é Antonio González Millán, documentalista, xestor cultural e autor de proxectos de desenvolvemento e dinamización nos ámbitos galego e nacional, cunha ampla bagaxe en promoción cultural (de Barbanza, de Galicia) a través de publicacións, relatorios, colaboracións de prensa, etcétera.

A exposición conta co patrocinio da Xunta (a Consellería de Cultura a través de O Teu Xacobeo) e a colaboración do Concello de Rianxo.

No acto de este venres intervirán Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, Manuel Mariño Nin, presidente da Asociación Camiño de Santiago do Barbanza e Antonio González Millán, comisario da exposición.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.