Os hospitais de Barbanza e Santiago, sen pacientes ingresados da COVID-19

26 Xuño 2020

Nos Hospitais da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza xa non hai ningún paciente ingresado con coronavirus, un feito que non acontecía dende o 12 de marzo que foi cando se rexistrou a primeira hospitalización por Sars Cov 2 no Clínico. Esta mesma mañá foi alta a domiciliotras dar negativo a proba da PCR, o último paciente con coronavirus do HCU. Un home de  69 anos, con múltiples patoloxías previas que tivo unha  longa hospitalización.

En total pasaron polos centros da área 479 pacientes (450 nos hospitais de Santiago e 29  no da  Barbanza), dos que 48 precisaron ingresar nas unidades de críticos. O día que máis pacientes houbo nestas unidades foi o 6 de abril, que rexistrou 25 hospitalizados (1 deles na Rosaleda).

Por outra banda, os días que máis doentes houbo hospitalizados en total por coronavirus foron o 6 e o 13 de abril datas na que houbo 202 casos. O día 6 houbo 177 en hospitalización convencional (incluídas a residencia Porta do Camiño, Barbanza e a Rosaleda)  e 25 nas unidades de Críticos (1 na Rosaleda).

O día 13 tamén se rexistraron 202 ingresados: 181 en hospitalización convencional (incluídas a residencia Porta do Camiño, Barbanza e a Rosaleda) e 21 nas unidades de críticos (3 na Rosaleda)

Parte de hoxe

O total de casos positivos na área é de 1.870. Ata o día de hoxe realizáronse 26.055 PCRs na área compostelá. Arestora hai 26 casos activos en domicilio e 1.735 curados.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.