O teléfono 881 00 20 21 para atención das persoas que visiten Galicia e presenten sintomatoloxía COVID-19

21 Xuño 2020

A Consellería de Sanidade activará mañá luns, 22 de xuño, un novo teléfono específico para atender a todas aquelas persoas que visiten Galicia nos vindeiros meses e evidencien sintomatoloxía covid-19 durante a súa
estadía na comunidade.
A nova medida establecida pola Xunta de Galicia ten por obxecto extremar o diagnóstico precoz no territorio galego, ante a apertura das fronteiras, adiantada polo Goberno central, e a ausencia de limitacións na mobilidade das persoas.
Nesta mesma liña, a medida pretende facilitar que calquera persoa que visite Galicia nas vindeiras datas, e presente síntomas, poida contactar dun xeito sinxelo cos profesionais do Servizo Galego de Saúde e que estes podan decidir dun xeito áxil tanto á realización das probas de detección da Covid-19 que consideren necesarias, como o seu tratamento, no caso de ser preciso.
Neste senso, no caso de que unha persoa que visite Galicia perciba algún dos síntomas propios da covid-19, esta poderá chamar ao novo número de atención 881 00 20 21 activado polo Servizo Galego de Saúde e, desde o mesmo, recibir toda a información que precise en cada momento.
Cómpre subliñar que, aínda que a persoa que presente sintomatoloxía covid-19 non dispoña da tarxeta sanitaria galega, o Sergas asignaralle unha cita cun profesional sanitario que, tras unha consulta telefónica inicial, poderá determinar o que proceda e, no seu caso, solicitar a proba diagnóstica que considere precisa.
No caso de que o resultado da proba sexa negativo, simplemente se lle informaría do seu resultado e lembraranse o conxunto de recomendacións hixiénico-sanitarias que ten establecidas a Xunta de Galicia. Non obstante, de confirmarse un caso positivo, o profesional sanitario continuará co proceso establecido, ademais de activarse, de ser posible, o sistema de seguimento domiciliario TELEA.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.