O servizo de impresión do Concello de Boiro achegou fotocopias a case un cento de alumnos

15 Xuño 2020

Un dos servizos habilitados polo Concello de Boiro para facer fronte ás complexidades do Estado de Alarma, o servizo de impresión de fotocopias para o alumnado que non tiña impresora no seu domicilio, chegou eses días ao seu remate. A iniciativa foi posta en marcha co inicio da pandemia para contrarrestar a imposibilidade de facer teledocencia por parte dunha chea de fogares con nenas e nenos, que continuaron recibindo material docente por Internet dos seus centros educativos e, pola contra, non tiñan maneira de converter eses recursos en formato papel. Nas dez semanas nas que se prestou o servizo, beneficiáronse del preto dun cento de alumnos e alumnas dos centros de Primaria e Secundaria do municipio.

Desde a Concellería de Educación púxose en funcionamento este servizo, a través dos titores dos propios centros educativo. O servizo de impresión levouse a cabo cada sete días, desde que se decretou o Estado de Alarma, facendo as impresións e o reparto os luns para que o alumnado tivese as tarefas semanais co inicio da semana.

Ademais do servizo de impresión para familias necesitadas, desde o Concello de Boiro fíxose tamén o reparto de material escolar, como libros e cadernos, que o alumnado deixou nas aulas cando remataron as clases.

Os operarios municipais recolleron o material nos centros educativos e entregárono nos domicilios dos escolares para facilitar así “a continuidade do curso escolar ao alumnado do municipio”.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.