O PSOE de Ribeira pide que se mellore o rueiro histórico do Vilar, en Carreira

17 Xuño 2020

Os socialistas de Ribeira, a través do seu portavoz José Vilas, vén de presentar unha proposta sobre o estado do firme dos rueiros do lugar de Vilar, na parroquia de Carreira, e o deterioro no que se atopa. A proposta, que será tratada no pleno, pon o foco na importancia histórica e comunicativa do dito rueiro, que foi, e é, unha relevante vía de acceso e saída, amais de ser unha zona habitual de paso para as leiras da veciñanza e de acceso ao lavadoiro e aos muíños de auga do rego do Vilar.

Os socialistas lembran que o dito camiño público (viario 9012), está situado no lugar do Vilar (Carreira, Ribeira), entre a vía DP-7302 eo Camiño de Paramilla, tendo unha lonxitude duns 60 metros. O grupo do PSOE local explica que “o estado e condición do rueiro queda establecido no gran índice de deterioro do pavimento actual, no cal atopamos desgaste das distintas e irregulares capas de formigón, con descalces varios e fendas que afectan ao uso normal e á mobilidade dunha infraestrutura viaria”. O camiño, engaden, tamén presenta “distintos niveis de trazado, un deterioro palpábel no mesmo e unha falta de mantemento en materia de obra pública”.

En virtude de todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista PSdeG-PSOE, instará ao pleno do Goberno a que os servizos técnicos do Concello estuden a adecuación dos espazos verdes do lugar, amais de elaborar un proxecto de pavimentado da calzada e a zona de rodadura, “coa finalidade de recuperar a funcionalidade do conxunto histórico do lugar do Vilar”. Os socialistas convidan tamén a realzar a escaleira de pedra e a habilitar lousas na base.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.