O convenio con ATRIGA e a posíbel supresión de prazas de aparcadoiro na Constitución centrarán o novo pleno de Boiro

16 Xuño 2020

Sesión do pasado mes de novembro na Casa do Concello

O Concello de Boiro celebra este xoves 18 de xuño o pleno de Goberno correspondente ao mes de xuño. A sesión vaise celebrar ás 20.00 horas, no salón de plenos da Casa Consistorial. Por motivos de seguridade e para garantir a distancia social, non está permitida a asistencia de público, pero a sesión, como vén sendo costume dende meses antes da crise sanitaria, retransmítase en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Trataranse as seguintes cuestións no transcurso da sesión: a datación de conta da renuncia á súa acta de concelleiro Benigno Miguel González Bermúdez, a actualización do convenio do Concello con ATRIGA (Axencia Tributaria de Galicia), a modificación da ordenanza fiscal nº15 (reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, quioscos e outros elementos análogos con finalidade lucrativa) e a moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre a adopción de medidas para suprimir prazas de aparcadoiro que dificultan a visibilidade dos peóns ao cruzar a avenida da Constitución.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...