O certame Vai de Letras xa ten gañadora

15 Xuño 2020

O certame Vai de Letras, o apartado literario da campaña Vai de Peixe da Consellería de Mar, destinada a promover o consumo de produtos do mar entre a mocidade galega (as nosas e nosos millenials), xa ten gañadora. No concurso, no que se convidaba a facer un relato curto na nosa lingua arredor do mar e a pesca, impúxose finalmente Navia Rivas de Castro (Boimorto, 1992). A actividade desenvolveuse nas redes sociais en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O xurado reuniuse o 4 de xuño e decidiu premiar o relato de Navia entre as máis de 200 contribucións literarias recibidas.

Esta acción foi dirixida a mozas e mozos entre 18 e 35 anos residentes en Galicia que, para participar, tiveron que completar online, dende os seus fogares, este texto de inicio: “Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas, pero…”

Os relatos non podían superar as 150 palabras engadidas á frase inicial, á que se podía acceder a través das redes sociais e da web de Vai de Peixe. Tiñan que estar escritos en lingua galega e xirar arredor da temática desta campaña. Na selección do gañador valorouse a orixinalidade, calidade lingüística e de redacción e a aproximación á temática.

O premio para a gañadora consiste nun lote de libros (5 títulos da literatura galega actual) e máis un teléfono móbil.

O xurado estivo composto pola conselleira do Mar, Rosa Quintana; Pastora Charlín, xefa do gabinete de comunicación da Consellería do Mar; Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude; e Beatriz García Turnes, Lingüista Investigadora do Centro Ramón Piñeiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...