Medio Ambiente licita as obras de mellora da rúa República Arxentina de Noia

25 Xuño 2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar as obras de obras de pavimentación e mellora da Rúa República Arxentina, en pleno centro urbano de Noia, por un importe de máis de 90.000 euros e un prazo de execución de dous meses.

O obxecto da obra á adecuar e mellorar o firme actual, así como dotar esta vía das infraestruturas acorde e necesarias aos usos e densidades de tráfico actuais, xa que esta vía soporta un tráfico importante por ser una das arterias principais da entrada á vila. Ao mesmo tempo, melloraranse as beirarrúas coa eliminación de barreiras para facelas máis accesibles ás persoas con mobilidade reducida. Os traballos rematarán co pintado das marcas viarias necesarias, así como a colocación de mobiliario urbano necesarios e incluídos no proxecto.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia e o Concello de Noia asinaron un convenio para levar a cabo esta actuación, en virtude do cal a Xunta financiará o 70% do custo estimado das obras -71.856.51€- e a entidade local achegará o 30% restante -30.795,65€-. Este convenio estará vixente ata o 31 de decembro de 2021, coa posibilidade de que ambas partes acorden unanimemente unha prórroga por un período máximo de dous anos adicionais antes desa data.

A obra enmárcanse dentro do chamado Plan hUrbe, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Consellería de Medio Ambiente para apoiar ás entidades locais na execución de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.

Grazas a estas actuacións se avanzo no cumprimento de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación e a humanización das vilas e cidades galegas. Nese sentido, a Xunta é consciente da importancia de establecer lazos de colaboración cos municipios en proxectos que, coma este, buscan mellorar e potenciar espazos e equipamentos públicos xa existentes para facilitar a accesibilidade aos mesmos e poñer en valor certas zonas, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus veciños.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.