Licitadas as obras de pavimentación e pluviais na zona da Atalaia en Corrubedo

08 Xuño 2020

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na pavimentación e instalación de pluviais a tres camiños situados na zona coñecida como A Atalaia, no entorno do cemiterio desta
parroquia.
Cun orzamento de 146.932 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de tres meses, a actuación constará por unha parte da pavimentación con aglomerado asfáltico en quente dos tres camiños en cuestión (sobreanchos incluídos) e, por outra, a dotación dunha nova rede de pluviais polo centro da calzada de cada camiño, dispoñendo pozos de rexistro cada corenta metros e arquetas sumidoiro nos laterais.
Os interesados dispoñen ata mañá martes 9 de xuño á medianoite para formular as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.
O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación.

Camiño da Atalaia Corrubedo

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...