Licitadas as obras de pavimentación da estrada de Bretal a Reiriz en Olveira

03 Xuño 2020

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na pavimentación que une os núcleos de Bretal e Reiriz na parroquia de Olveira.
O obxectivo que se persegue con este proxecto reside en mellorar o firme actual da calzada (de aglomerado asfáltico deteriorado nalgúns tramos) así como pavimentar os sobreanchos, que están na súa maioría en terra.
Con tal motivo, estenderase unha nova capa de aglomerado asfáltico de seis centímetros de espesor empregando un total de 500 toneladas, previa limpeza das marxes, acondicionamento da superficie a pavimentar e dotación dunha base de zahorra artificial.
Cun prazo de execución de dous meses, o seu orzamento ascende a 46.227 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan
Único de Concellos) POS+ 2019.
As empresas interesadas poden formular as súas ofertas ata o 9 de xuño á medianoite no Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Bretal a Reiríz. Cedida

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...