En Ribeira chegan os autocontos con Quico Cadaval e Cándido Pazó na praza de España

25 Xuño 2020

Quico Cadaval e Cándido Pazó actuarán en Ribeira os próximos 26 e 27 de xuño ás 22 horas nun novidoso formato que manterá en todo momento as distancias de seguridade entre o público asistente.
O «autocontos» é unha experiencia pioneira en Galicia que se fará por primeira vez en Ribeira, na Praza de España baixo a organización de JAN Producciones Culturales coa colaboración do Concello de Ribeira.
O son dos espectáculos chegará aos espectadores a través dun dial da FM dos seus vehículos, a mesma tecnoloxía que se emprega nos autocines; deste modo os espectadores poderán gardar en todo momento as distancias de seguridade esixidas pola normativa actual de espectáculos.
O narrador será seguido por duas cámaras robotizadas que emitirán en
directo nunha gran pantalla ubicada enriba do escenario para que os espectadores non perdan detalle dos seu xestos.

Haberá bonos para os dous días ou entradas individuais por día para coche ou para silla: ENTRADA COCHE que permitirá ver e escoitar o espectáculo dende o interior do seu propio coche con capacidade máxima para ata 4 persoas (suxerimos non máis de 3) ou ENTRADA SILLA: para todos aqueles que prefiran seguir o espectáculo ao aire libre dende un espazo acotado na parte de diante do escenario (deberán vir provistos de smartphone con app de radio ou radio portátil con cascos para recibir o audio a través do dial da FM indicado pola organización).
Venta de entradas en https://janproducciones.com/

Outros artigos

O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón

Entrega do bastón de mando (imaxes de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira) Na maña do pasado 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no Concello de Ribeira, unha xuntanza que rematou dun xeito que tivo pouco de ordinario: coa estrea oficial, no...

+

Ribeira homenaxea este martes á actriz Susana Sampedro

Este martes 25 de xuño o Concello, a Corporación e a cidadanía de Ribeira van render homenaxe á actriz local Susana Sampedro (Ribeira, 1978), recentemente distinguida co Premio Mestre Mateo 2024 á mellor actriz de reparto na longametraxe Matria, de Álvaro Gago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....