Boiro impulsará a súa Axuda no Fogar con fondos da Deputación

11 Xuño 2020

Boiro recibiu este xoves 11 de xuño a visita do deputado delegado da área de Asistencia aos Concellos, José Manuel Lage Tuñas, e a deputada responsable de Educación, Sandra González, que mantiveron unha xuntanza co alcalde, José Ramón Romero, e cos membros do Goberno municipal boirense. O fío temática da reunión foi analizar as necesidades do municipio tras a crise sanitaria da COVID-19. Nela acordouse (entre outras cousas) fortalecer o servizo de Axuda no Fogar boirense, co apoio da entidade provincial. A reunión enmárcase nunha xira dos deputados polos municipios da provincia, co fin de “escoitar as súas necesidades sociais e económicas”.

Lage lembrou que o pleno do Goberno provincial vén de aprobar por unanimidade unha achega extraordinaria de 19 millóns de euros, ao abeiro do Plan Único, para apoiar aos concellos coruñeses a paliar os efectos da COVID-19. “Desta contía”, dixo, “a comarca de Barbanza vai recibir 2,2 millóns de euros e Boiro preto de 300.000 euros”. Segundo fixo saber, trátase de fondos dirixidos principalmente a fortalecer os servizos sociais dos concellos e mailo proceso de recuperación económica.

Pola súa banda, o alcalde boirense agradeceu a visita dos deputados provinciais, subliñou “a aposta” do seu Goberno por reforzar a área social e destacou “a utilidade duns fondos que nos permiten reforzar o servizo de Axuda no Fogar ou comprar material de protección sanitaria”.

O rexedor dixo tamén que parte dos fondos, entorno aos 200.000 euros, destinaranse a mellorar a accesibilidade de catro parroquias e catro núcleos rurais do concello, “contribuíndo así a optimizar infraestruturas e reactivar a economía local”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.