A Policía de Boiro fará controis puntuais nos edificios de maior afluencia para lembrar á cidadanía a necesidade de levar máscara

29 Xuño 2020

O Concello de Boiro publicou un bando informativo no que lembra á poboación a obrigatoriedade do uso da máscara de protección, e faino poñendo o foco na necesidade de cumprir con este requirimento nos lugares de máis afluencia de público, por exemplo no Mercado Municipal, onde o Goberno local puido comprobar que no se respecta a dita norma de protección. Nos inmóbeis de meirande influencia faranse controis para garantir a seguridade. Esta foi unha das decisións da sesión semanal, celebrada este luns 29, da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID19.

No bando recórdase que a Xunta de Galicia impulsou esta fin de semana un decreto que regula o uso obrigatorio de máscaras de protección “sempre que se transite ou se estea en movemento pola vía pública e en espazos ao aire libre e non se poida garantir, en todo momento, o mantemento da distancia de seguridade”.

O Concello lembra que segundo o disposto tamén “é obrigatorio o uso de máscaras nos espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público”, ao tempo que fai saber que no decreto achéganse datos concretos sobre as características das máscaras que non deben ser usadas: as que estean previstas de válvula exhalatoria.

No bando, o Goberno local recorda á cidadanía e aos usuarios do Mercado Municipal e doutros edificios públicos a obrigatoriedade de acudir a estes espazos sempre con máscara de protección. De feito, a Policía Local de Boiro fará controis puntuais nos edificios con maior afluencia de xente para vixiar que se cumpran coas medidas de seguridade e tamén informar á cidadanía, tamén, do uso de máscaras e demais medidas.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.