A policía autonómica iniciou no Barbanza o control de medidas para a COVID-19

27 Xuño 2020

A Policía Autonómica iniciou esta fin de semana un Plan de actuación específico destinado á inspección e control das medidas adoptadas polas autoridades competentes para facer fronte á crise sanitaria provocada pola
covid-19.
En base a este Plan, a Policía Autonómica destinará efectivos e recursos a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión da enfermidade. Centrarán as súas inspeccións nas cidades onde a Policía Autonómica ten sede, e nos concellos turísticos e costeiros, por ser onde se prevé unha maior concentración de persoas nos espazos públicos.
Os axentes actuarán preferentemente na vixilancia do cumprimento dos aforos nas terrazas ao aire libre; nas festas, verbenas e outros eventos populares; e noutras concentracións de espectáculos públicos, como atraccións de feiras ou actividades de ocio.
Ademais, e en coordinación coas demais forzas e corpos de seguridade, traballarán en labores de información, disuasión, control e, no seu caso, proposta de sanción ante o órgano que corresponda en establecementos abertos ao público, centros comerciais, mercados, piscinas, hoteis, parques discotecas ou vehículos de transporte. Nestes espazos, traballarán para garantir que se cumpren as medidas sanitarias, como a distancia ter persoal, ahixiene, ou aforo e acondicionamento.
O Plan fará especial fincapé nas fins de semana e vésperas de festivos, por ser as datas nas que se concentran maior número de persoas en lugares de ocio.
Durante as inspeccións, ademais das medidas ante á covid-19, seguirán controlando o consumo de alcohol por parte dos menores ou o cumprimento de horarios de apertura é peche.
En concreto, esta fin de semana despregaranse en horario de noite un total de 78 efectivos da Policía Autonómica, que inspeccionarán os espazos públicos nas zonas do Barbanza, Salnés, Coruña, Mariña Lucense, Ourense e Val Miñor.

Control da Policía Autonómica de medidas pola COVID-19

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.