A Pobra aposta por manter parte do seu programa de actividades de verán

12 Xuño 2020

A actual situación sanitaria está a reformular radicalmente o panorama festeiro dos nosos concellos para o verán, un panorama que será ben diferente ao do ano pasado e que se deixará notar, especialmente, no feito de que non haberá actividades multitudinarias ou dificilmente controlábeis no seu aforamento. Apostarase por aquilo que entre dentro dos límites da seguridade para a poboación. No Concello de Pobra seguirase esta liña e esta semana anunciouse que o programa de actividades estivais de ocio, festividades e cultural non será un programa baleiro e incluirá varias citas salientábeis para marcar na axenda.

Por exemplo a Feira Mariñeira, que o ano pasado celebrouse entre o 12 e o 14 de xullo, no marco da programación máis ampla da Semana do Mar. Segundo explicou o Goberno local, todo indica a que a nova edición da feira celebrarase finalmente nos últimos días de xullo, cos postos de venda habilitándose nos postos dos xardíns.

Tamén se dará impulso ás rutas xacobeas a vela polo mar de Arousa, das que falamos os días pasados dende O Barbanza e, ademais, existe a previsión de manter até o outubro a visitas teatralizadas de Serafín Marcos, que terán periodicidade mensual.

Polo que se refire ás grandes festividades do calendario pobrense, as do Carme dos Pincheiros, O Nazareno e Os Pincheiros, se ben cancelaron as súas actividades a pé de rúa barállase a posibilidade, dende o Concello, de achegar algunha iniciativa simbólica para público limitado.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...