Comezan as rutas xacobeas en veleiro que organiza o Concello de Pobra

05 Xuño 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal lembra que esta mesma fin de semana que comeza este venres comezan as rutas en veleiro para coñecer boa parte da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Río Ulla, un itinerario que conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina até Iria Flavia, en Padrón. Os percorridos turístico-marítimos celebraranse, coas máis estritas medidas de seguridade sanitaria, todas as fins de semana de xuño e de setembro.

Segundo lembra o Concello, trátase dunha “ruta de gran riqueza paisaxística e cultural”, que transcorre polo litoral de Boiro, Rianxo, A Illa de Arousa, Catoira e Vilagarcía, e que permite contemplar, dende unha óptica diferente e completa, unha chea de praias, calas, cabos, enseadas, pontes e construcións conmemorativas, como por exemplo os cruceiros que compoñen o viacrucis marítimo-fluvial do esteiro do Ulla, o único das súas características no mundo. Serán seis horas de singradura, con recalada en Rianxo ou Vilagarcía para o xantar. Sairase ás 11.00 h do porto náutico da Pobra do Caramiñal e regresarase sobre as 18.00 h. O Concello lembra que as viaxes son para grupos reducidos, como máximo de dez persoas. Os viaxeiros terán que levar máscaras por motivos de protección sanitaria. As reservas realizaranse por correo electrónico no enderezo turismo@apobra.gal ou chamando por teléfono ó 671 090 262.

Os prezos por persoa son de 12€ e, os/as nen@s menores de 12 anos, 8€. As familias con máis dun/dunha nena terán desconto.

Trátase duna actividade financiada polo programa O Teu Xacobeo da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta, organizada pola Concellaría de Turismo do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.