A OMIX do Concello de Boiro retoma a actividade presencial con cita previa

08 Xuño 2020

O Concello de Boiro segue a restablecer os seus servizos administrativos e a recuperar a atención presencial que se paralizara con motivo do Estado de Alarma pola pandemia da COVID-19. Nesta liña de volta á normalidade, a Oficina Municipal de Información á Xuventude recupera esta semana a atención presencial con cita previa dous días á semana.

O Concello lembra que na OMIX proporciónase todo tipo de información e asesoramento sobre servizos para a xuventude, cursos de formación, ofertas de emprego, ocio e tempo libre e realízanse outros trámites como a solicitude do Carné Xove ou axudas municipais para estudantes.

A Oficina Municipal de Atención á Xuventude atópase no primeiro andar do Centro Social de Boiro.

Para solicitar cita previa para atención presencial, ou realizar calquera outro trámite de xeito telemático ou telefónico, as persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do enderezo electrónico omix@boiro.org ou o teléfono 981 84 26 35.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.