A Dorna desbota o programa na rúa e prepara actividades online seguras e sen público

08 Xuño 2020

Ramón López, no centro da imaxe, na súa investidura como presidente da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, celebrada en Ribeira antes da chegada da pandemia

A Real e Ilustre Cofradía da Dorna, organizadora da festa ribeirense do mesmo nome, vén de emitir un comunicado oficial no Facebook no que aclara dúbidas sobre os dixomedíxomes que viñan motivándose nos últimos meses sobre como lle ía influír á festividade unha situación tan complexa como a da COVID-19, e máis tendo en conta que unha das características máis destacadas desta celebración é o seu carácter multitudinario e participativo, ao que hai que engadir o seu potencial para disparar en poucos días a poboación do concello. A confraría, para garantir a seguridade da xente e tamén pola imposibilidade de adaptar boa parte das súas actividades a formatos limitados e reducidos, decidiu cancelar as iniciativas na rúa.

“En ningún momento tivemos a intención de poñer en risco a saúde da xente”, sinalan, en relación á polémica suscitada pola posibilidade de que si que houbese iniciativas con aforamentos mínimos, unha opción que foi barallada (como tantas outras) durante as asembleas e as xuntanzas das dorneiras e dos dorneiros destinadas a atopar as melloras solucións para unha problemática que, cómpre recoñecelo, nunca antes se dera na historia desta celebración nin de ningunha outra. Desbotada esta vía para garantir a saúde da comunidade dorneira, a confraría estuda seriamente a posibilidade de desenvolver “unha singradura simbólica”, que inclúa actividades sen público e pechadas que poidan ser retransmitidas en streaming para que a xente poida desfrutalas dende os seus fogares a través das redes e na liña das actividades culturais e festeiras que se fixeron durante o máis cru da corentena.

A confraría pídelles aos seareiros da Dorna e á poboación en xeral que manteñan “un comportamento exemplar durante os días nos que foi fixada a singradura número 72”, do 23 ao 26 de xullo, co fin “de que non haxa actividades irresponsábeis que poidan manchar o bo nome da Dorna”.

Outros artigos

Aberta a nova vía de conexión de Fafián, en Ribeira

A Xunta pon en servizo a nova vía de conexión da aldea de Fafián, en Ribeira, cun investimento autonómico de 860.000 euros A Xunta vén de poñer en servizo a nova vía de conexión entre a estrada provincial DP-7305, que conecta Ribeira con Aguiño a través de Carreira, e...

+

Accidente de tráfico na DP-7306, en Carreira, no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados pasadas as 11:00 horas desta mañá dun accidente de tráfico acontecido na DP-7306, ao seu paso por Cerca, no concello de Ribeira. Na incidencia, un automóbil envorcou sobre o seu lateral esquerdo provocando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una gran defraudación” – Manuel Domínguez

“Una gran defraudación” – Manuel Domínguez

Podéis pensar que me refiero a Trump, a las elecciones, a los que mañana lloraran como decía la madre de Boabdil “defiende como mujer lo que no supiste defender como un hombre” , pues no, no me refiero y con gran dolor a las ultimas horas de Kamala Harris, estaba...

“Mentiras en el quiosco”. José Castro López

“Mentiras en el quiosco”. José Castro López

El buen periodismo se caracteriza por publicar y difundir noticias veraces y opinionesindependientes para que lectores y oyentes conformen una valoración lo más realposible de lo que está ocurriendo en su entorno próximo y más lejano.Pero hoy circulan por la red con...