A Deputación da Coruña comparte nas redes documentos do Arquivo Provincial

11 Xuño 2020

A Deputación da Coruña sumouse aos actos de conmemoración do Día Internacional dos Arquivos, este 9 de xuño, e fíxoo divulgando a través das súas redes sociais e da web do Arquivo Provincial algúns dos documentos máis interesantes e curiosos que atesoura entre os seus fondos orixinais, comentados pola historiadora e directora do Arquivo Provincial, Carmen Molina. O proceso de liberación acompáñase do cancelo #OarquivoDaNosaHistoria.

Entre os documentos compartidos en datas recentes, a Deputación salienta o proxecto de cárcere para a cidade de Betanzos, elaborado polo arquitecto provincial Faustino Domínguez en 1865 (PDF), ou as cartas manuscritas por Juana de Vega tras a epidemia de cólera que asolagou a cidade da Coruña en 1853 (PDF). O próximo documento liberado adicarase á figura de Santiago Casares Quiroga, coruñés presidente do Goberno da República en 1936.

O Arquivo Provincial traballa na dixitalización dos seus fondos, co obxecto de “garantir a súa conservación e de facelos accesíbeis a un público cada vez máis amplo”. Entre os documentos xa adaptados aos novos formatos están todas as actas das sesión dos plenos da Deputación da Coruña. Este ano, ademais, dixitalizarase o Boletín Oficial da Provincia e diversa documentación relativa ao patrimonio provincial.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...