O CIS da maioria absoluta o PP de G, PSdeG-Psoe 2ª forza; BNG 3ª, Galicia en Común- Anova Mareas, 4º

24 Xuño 2020

PP repetiría maioría absoluta, PSdeG sería segunda forza e Vox non lograría escanos en Galicia, segundo o CIS.

O PPdeG obtería por cuarta vez unha maioría absoluta no Parlamento galego nas eleccións do 12 de xullo, con entre 40 e 42 escanos (a maioría está en 38), mentres que os socialistas galegos situaríanse como a segunda forza, e Vox e Cidadáns quedarían fóra da Cámara autonómica, de acordo cos resultados da enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) difundidos este mércores.

O avance das eleccións do 12 de xullo da un resultado similar ao dos anteriores comicios galegos, de setembro de 2016, ao PP de G o que concede un 46 por cento dos votos con 41 representantes.

No caso do PSdeG subiría en dous escanos quedando entre 16 e 18 asentos, sería a segunda forza.

Si obtería representación Galicia en Común- Anova Mareas, que lograría entre catro e seis deputados e situaríase como cuarta forza, por detrás do BNG. A formación nacionalista, que concorre ás eleccións rexistraría un forte ascenso e pasaría de seis a entre 12 e 14 escanos.

O CIS apunta a que nin Marea Galeguista quinta forza, nin Cidadáns nin Vox lograrián representantes no Parlamento de Galicia na próxima lexislatura.

MArea Galeguista lograría o 2,9 por cento dos votos, seguido cun 2,2 por cento Cidadáns, como sétima opción aparece Vox, que tería o 1,4 por cento dos votos en Galicia. O PACMA, pola súa banda, lograría o 0,9 por cento.

O número de indecisos elevase a 31,6 por cento; mentres que un 9,9 por cento preferiu non contestar; un 4,2 por cento indicou que se absterá; un 1,4 por cento prevé votar en branco; un 0,5 por cento, nulo; e un 0,3 por cento, a outros partidos.

Por provincias na Coruña o PPdeG obtería 13 escanos pola, entre 10 e 11 por Pontevedra e entre oito e nove tanto en Lugo como en Ourense.

O PSdeG lograría cinco na Coruña s e outros cinco na segunda, mentres que nas dúas últimas chegaría a entre tres e catro.

O BNG, lograría entre catro e cinco representantes pola Coruña; catro por Pontevedra; entre dous e tres por Lugo e a dous por Ourense.

A Coruña tería entre dous e tres representantes de Galicia en Común- Anova Mareas; Pontevedra tería dous; e Ourense entre cero e un. Esta formación non obtería escanos en Lugo, segundo o CIS.

Outros artigos

Ribeira celebrou unha multitudinaria misa en honra de Santa Uxía

A veciñanza da cidade correspondeu coa súa multitudinaria presenza na misa na honra da Santa Uxía que ás 12 do mediodía de hoxe ocupou por completo o adro da igrexa e a praza da Porta do Sol nun recinto disposto con cadeiras para cumprir coa normativa anticovid. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...