Unha veciña de Boiro cae desde a sua casa cando tiraba cousas da parella

13 Maio 2020

Unha muller chegou a caer desde a súa vivenda, situada nun terceiro piso, á planta inferior cando estaba a arroxar obxectos pola xanela da súa parella. Ela e o seu compañeiro estiveran na casa toda a tarde. Nun momento dado, comezaron a discutir e a boirense empezou a arroxar polo balcón as pertenzas do home que este último baixou a recoller.

Cando estaba a tirar as cousas a muller perdeu o equilibrio e caeu ao baleiro. Por sorte quedou enganchada no balcón da planta inferior e puido saír polo seu propio pé do piso do seu veciño.

No lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil, que foi alertada por veciños debido á bronca. Tamén compareceu a Policía Local de Boiro e unha ambulancia, que levou á muller ao hospital, aínda que aparentemente non sufrira danos graves. Na declaración que ofreceron ambos confirmaron a mesma versión.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.