Ribeira comprará dous drons para vixiar praias e lumes forestais. O concello monta un arco para toma de temperatura e desinfección para o consistorio

20 Maio 2020

A Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 acordou no día de hoxe realizar as xestións oportunas para a adquisición de dous drons coa
fin de desempeñar diversas funcións de interese municipal: entre elas, controlar que non se produza aglomeracións nas praias, así como vixiar os montes ante posibles lumes forestais ou buscar persoas desaparecidas.
De igual xeito, aprobouse que se proporcionará formación no manexo deste aparato a tres axentes da Policía Local e a tres efectivos do Grupo de Apoios e Emerxencias Municipal (GAEM) para sacar o máximo rendemento ás prestacións do artiluxio.
Por outra parte, esta mañá chegou o primeiro dos arcos de toma de temperatura e desinfección encargados polo Concello, que está destinado á entrada principal do Consistorio. Logo das probas efectuadas hoxe, mañá xoves entrará en funcionamento.
Paralelamente, tamén está implementada a marcaxe no chan do interior Concello para velar por que se manteña o distanciamento social entre os que circulen por el.

Arco de temperatura e desinfección no Consistorio de Ribeira
Interior do consistorio ribeirense

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

Tú, yo, nosotros.Leyendo a Tucídides y su Guerra del Peloponeso, me lleva a desarrollar el siguiente artículo.En el año 416 a C, Atenas pide a la isla de Melos se entregue al poder de Atenas, esta confía en que Esparta la ayude, pero no, queda a abandonada su...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.