PuntoGal contribúe á dixitalización de negocios co programa Abre na Rede

04 Maio 2020

PuntoGal, en colaboración con Dinahosting e Cdmon, lanza o programa Abre na Rede!, dirixido a empresas e autónomos afectados polo cesamento obrigatorio da súa actividade debido á crise sanitaria causada pola COVID-19. O proxecto consiste nun lote cun dominio .gal e aloxamento web, de balde durante un ano. Con esta medida, o dominio quere axudar no proceso de dixitalización dos sectores máis afectados pola pandemia: hostalaría, comercios, turismo ou cultural, entre outros.
Abre na Rede! é unha ferramenta que posibilitará aos autónomos e pequenos negocios que non dispoñan de actividade na Internet acceder sen custo a un dominio e aloxamento web durante o primeiro ano. Para beneficiarse desta iniciativa é preciso cumprir coas condicións da promoción, e o número de dominios dispoñíbeis é limitado, polo que as peticións se atenderán por orde de chegada.

O director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou que “esta crise aféctanos a todos, e todos debemos colaborar na súa solución. Por iso, dende o dominio queremos botar unha man para axudar aos comercios locais, bares, restaurantes ou salas de concertos que non poden abrir, así como aos músicos ou artistas que non poden actuar, a abrir unha fiestra na Rede na que poder seguir comunicándose cos seus clientes ou ofrecendo os seus servizos”.

Na súa opinión, “é importante axudar neste momento e tanto desde PuntoGal como desde os rexistradores que se sumen a este iniciativa queremos poñer nas mans do tecido económico máis afectado ferramentas para aliviar un pouco os efectos do confinamento e xerar novas oportunidades”, engadiu.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...