O Concello de Boiro xa leva repartidas máis de 7.000 máscaras reusábeis

19 Maio 2020

O Concello de Boiro, a través do servizo local de Protección Civil, vén de facer reconto do material de protección sanitaria distribuído nos días pasados para pór freo no termo municipal á pandemia de COVID-19. Segundo fai saber, os operarios municipais, que comezaron a distribución nas parroquias con menos habitantes, levan xa repartidas máis de 7.000 máscaras entre as veciñas e veciños. Trátase de material sustentábel e reusábel, elaborado por un grupo local de modistas que están a traballar de xeito voluntario.

Segundo lembra o Concello, o traballo “estase facendo en man, casa por casa”, xa que, deste xeito “gáñase en efectividade, porque as entregamos directamente ás persoa”, sinalan os operarios, que recordan que “se está a tomar nota daquelas vivendas nas que non hai ninguén para volver máis tarde”. O reparto comezouse nas parroquias de Cures e Moimenta, despois seguiuse por Bealo, Cespón, Abanqueiro e O Castro. Esta semana vaise comezar xa o reparto na parroquia de Lampón e a última en repartir será Boiro.

As modistas elaboran nas súas casas as máscaras con tecido homologado, parte del doado pola empresa local JEALFER e tamén por The Desiree Shop, e outra parte mercado polo Concello. Os operarios de Protección Civil encárganse de repartir todo o material que precisan as modistas, como tela, fío e goma, e tamén de facer a recollida das máscaras xa elaboradas e entrega nos domicilios.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, agradeceu encarecidamente “o labor que estas máis de 50 voluntarias están a realizar para a elaboración das máscaras, que tan necesarias son nestes momentos”, e tamén salientou o importante esforzo de Protección Civil para “chegar a todas as vivendas”. Tamén convidou á cidadanía a seguir sendo responsábel no uso deste material de protección e de cumprir con todas as demais medidas ditadas polas autoridades sanitarias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.