O Concello de Boiro realiza tarefas de desbroce en todos os núcleos do termo municipal

21 Maio 2020

O Concello de Boiro comezou as tarefas de desbroce en todos os núcleos e estradas do termo municipal, uns traballos que cada ano se fan antes de comezar a época estival. As tarefas de desbroce foron contratadas para
todo o municipio a tres empresas locais distintas co obxectivo de que as tarefas se realizasen de xeito simultáneo.
Un dos obxectivos do goberno local é fomentar a contratación de empresas de Boiro para os traballos municipais, polo que as tres ás que se lle contratou este servizo son locais, como unha das medidas de impulso
económico ante a crise do COVID-19. As tarefas comezaron polas parroquias
de O Castro, Cespón e Boiro, e vanse executar en todas as demais parroquias de xeito inmediato.
Os traballos de desbroce son moi necesarios, xa que gracias a eles se mellora a seguridade dos condutores, ao facilitar a visibilidade, e tamén á hora de previr incendios. Estas tarefas, contratadas a empresas locais, fomentan tamén a reactivación económica e o mantemento de postos de traballo nas pequenas empresas do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.