Feijóo traslada a Sánchez a súa preocupación por posibles cambios na Lei de Costas

31 Maio 2020

O mandatario galego fixo referencia na xuntanza de presidentes autonómicos ás industrias que se verán «afectadas» polos cambios da Lei de Costas que prevé a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética –recentemente remitida ás Cortes xerais–. En concreto, Feijóo advertiu a Sánchez «da necesidade de actuar para evitar» peches e perdas de emprego.

Así o manifestou o titular da Xunta, segundo informan fontes da Administración galega, durante a duodécima videoconferencia que manteñen os líderes autonómicos co presidente do Goberno desde o inicio da pandemia da COVID-19. Neste contexto, Feijóo solicitou que se defina un plan de rebrote a nivel estatal, con parámetros e criterios «homoxéneos» que permitan unha resposta «coordinada, rápida e eficaz». Así mesmo, reclamou «permeabilidade» na mobilidade entre as eurociudades que comparten Galicia e o Norte de Portugal. En clave económica, segundo as mesmas fontes, lembroulle ao Goberno que Galicia conta desde hai case 30 anos coa renda de inclusión social (Risga), polo que insistiu en que sexan as autonomías as que xestionen o recentemente aprobado ingreso mínimo vital –de momento, esta competencia terana Euskadi e Navarra–.

O presidente galego tamén reiterou «a necesidade de coñecer canto antes» os criterios de repartición do fondo de 16.000 millóns de euros non reemborsable e de que se establezan protocolos e criterios para a volta ás aulas.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.