Esgotadas en tempo récord as 1.000 prazas dos cursos ribeira.academy

01 Maio 2020

Superando as previsións máis optimistas do Concelllo, o novo programa formativo online Ribeira.Academy activado na medianoite pasada esgotou todas as súas prazas (mil en total, para 88 cursos de 20 temáticas diferentes)
intres antes das tres da tarde, apenas quince horas despois do inicio do prazo de inscrición. De feito, as expectación foi tan grande que nos primeiros minutos a páxina web www.ribeira.academy experimentou algún problema técnico provocado polo feito de que había máis dun milleiro de persoas conectadas a un tempo.
En vista do resultado, e segundo informou hoxe o alcalde Manuel Ruiz, se está avaliando a posibilidade de ampliar a oferta con novas prazas, pero indo dirixidas exclusivamente aos cidadáns afectados polo Covid-19, en sintonía coa firme aposta do Concello de proporcionar formación e novas habilidades durante o Estado de Alarma cun paquete online e gratuíto, único na historia de Barbanza.
A partir deste luns, procederase a realizar a comprobación de datos
aportados polos usuarios e que cumpran os dous únicos requisitos para realizar esta formación: ser maior de 16 anos e estar empadroado/a en Ribeira.
Idiomas, ofimática, saúde, loxística e márketing, as máis demandadas.
Houbo unha relevante acollida por parte dos ribeirenses en disciplinas
como Nutrición e diétetica e Atención a usuarios con necesidades especiais —con máis de 60 prazas solicitadas cada un deles—, xestión loxística e cursos de marketing e administración de empresas—mais de 40 alumnos— e o cursos de manipulador de alimentos —máis de 30 solicitudes— entre outros. Pero os cursos máis demandados foron os de idiomas (inglés e francés con niveis que abarcaban do A1 ó C1) con máis de 120 alumnos inscritos e os cursos de ofimática (Microsoft Excel, Word, Power Point e Access).
Dende a súa inscrición, os usuarios dispoñen de 3 meses para poder
completalo, cunha forma integramente online e accesible durante as 24 horas do día, calquera día da semana.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.