Entregados en Boiro os premios das iniciativas Morriña de ti e Sueldazo ABE

18 Maio 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE), trala paréntese motivada plo Estado de Alarma, vén de entregar os premios pendentes de dous certames postos en marcha pola entidade: por unha banda a campaña Morriña de ti, organizada pola Asociación Galega para a Xerencia de CCAS, e pola outra o Sueldazo ABE correspondente ao meses de abril e maio.

Morriña de ti

A ABE, en colaboración coa Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas puxo en marcha a campaña A Morriña non ten brazos pero aperta o corazón, na que un total de 27 centros comerciais abertos da Comunidade pretenderon premiar, de maneira conxunta, a fidelidade dos clientes e recordarlles que “o comercio local de Boiro e Galicia está sempre ao seu carón”, tamén en intres difíciles para todos como os que estamos a vivir con motivo do COVID 19.

A campaña materializouse a través de comentarios nos que os participantes compartiron aquelas cousas que “máis botaban de menos do comercio de proximidade”, e fixérono no post do concurso dentro do Facebook da Asociación Galega de Xerencia. Deste xeito, as os participantes entraron no sorteo de 27 vales de compra por valor de 50 euros (1.350 euros en total) que se poderán gastar nos establecementos asociados.

A gañadora de Boiro foi Lidia Belles coa seguinte publicación: “O que mais boto de menos é poder gastar o diñeiro con saúde e alegría, mercar agasallos para familiares e amigos/as. Concello de Boiro”.

Segundo fixo saber a organización do concurso, a gañadora xa ten no seu poder os vales de compra que poderá utilizar en mais de 100 establecementos asociados a ABE.

Sueldazo ABE

De igual xeito, a ABE vén de entregar a Tamara Linares (gañadora do Sueldazo ABE) os vales de compra correspondentes aos meses de abril e maio, en total 600 € que poderá utilizar nos establecementos asociados ata o vindeiro 15 de xuño.

Con esta actividade a ABE inicia a volta a nova normalidade premiando a dúas clientas do comercio local que poderán realizar as súas compras recibindo o mellor trato personalizado e nas máximas condicións de seguridade e hixiene.

Outros artigos

UCIN Boiro critica o estado da estrada de Berres

O grupo UCIN Boiro, a través do seu coordinador Miguel Piqueras, vén de emitir un novo comunicado no que critica o estado no que se atopa a estrada de Berres, unha vía fundamental que conecta Boiro con O Saltiño e Cabo de Cruz e que, indican, "soporta diariamente un...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

Tú, yo, nosotros.Leyendo a Tucídides y su Guerra del Peloponeso, me lleva a desarrollar el siguiente artículo.En el año 416 a C, Atenas pide a la isla de Melos se entregue al poder de Atenas, esta confía en que Esparta la ayude, pero no, queda a abandonada su...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.