Dimite preto da metade do Consello Nacional de Compromiso por Galicia entre eles o ribeirense Oscar Casais

29 Maio 2020

Tal como adiantamos hai dias en O Barbanza esta semana coñecíamos a dimisión de 6 membros da Executiva de Compromiso por Galicia e no día de hoxe son 14 as baixas do Consello Nacional, máximo órgano de dirección do partido entre a celebración de Congresos.
Compromiso por Galicia chegou a ter 500 militantes, leva desde 2017 perdendo activos. Os resultados municipais de 2019 xa puxeron de manifesto problemas na súa dirección, e por ese motivo despois do III Congreso do partido celebrado en setembro, cambiouse o 50% da executiva. Estas novas incorporacións son as que deixan agora os cargos en desacordo co secretario xeral actual Juan Carlos Piñeiro.

A decisión de dimisión dos integrantes de CxG nada ten que ver coas
negociacións da coalición cas Mareas e co Partido Galeguista que se estiveron levando a cabo esta semana, o problema, segundo os dimisionarios, é de calado interno e xa ven desde fai tempo, pois en relación a esas negociacións a afiliación á que se lle pediu unha consulta sen as máis mínimas garantías nin informe, souberono antes polos medios de comunicación que polo propio partido.
Entre os dimisionariso está o ribeirense, Oscar Casais Montemuiño, secretario de Coordinación da Executiva de Compromiso por Galicia e o seu candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccions autonómicas, tamén demitiron do Consello Nacional:
Maximino Vázquez Salvado
David Babeira García
Cristina Barcia Barcia
Eva Rosende Domínguez
Paula Rey Gómez
Suso Ares Gómez
Xabier Vázquez García
Yaiza Carreira Cabana
Oscar Pena Nieto
Xabier Pintos Pena
Lucía Torres Vigo
Xabier Fontaíña Falque
Valentina J. Montiel Velásquez

Outros artigos

Mércores 4, nubes e claros con lixeira suba da temperatura

O mércores teremos néboas e nubes baixas en comarcas do interior, co avance do día irá quedando o ceo moi aberto en xeral con nubosidade de tipo alto. Pola noite volveranse cubrir os ceos polo oeste da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...