Seis membros da Comisión Executiva de Compromiso por Galicia, entre eles o ribeirense Oscar Casais secretario de Coordinación da Executiva de Compromiso por Galicia e o seu candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccions autonómicas, que foran elexidos no III Congreso do partido celebrado no pasado mes de Setembro renuncian a seguir neste órgano por non compartir o modo autoritario de proceder do seu Secretario Xeral.
Nun comunicado afirman que iniciaron a súa andadura neste proxecto político coa ilusión de formar parte dun partido que velase pola democracia interna e o respeto ós procedimentos e ós dereitos dos afiliados e simpatizantes e que nos últimos tempos na organización estanse a tomar decisións personalistas e autoritarias con forma de resolucións do Secretario Xeral que non encontran acomodo nin sustento nos Estutos do partido nin moito menos na Lei de Partidos Politicos nin das asociacións.
Din no comunicado que especialmente salientables e precocupantes foron as decisións por parte de Piñeiro Docampo de expulsar do partido á Secretaría de Finanzas, e a cesión do cargo da Secretaría Técnica, sin dar opción a defensa nin seguir os procedementos legais nestes casos. Estos 6 membros indican que actuar como teñen actuado non é que supoña unha vulneración dos estatutos, supón directamente unha afrenta ós dereitos máis elementales dun afiliado o resultar expulsado servíndose formalmente de órganos do partido, ós que se vacia de contido, sin escoitar a afiliada e alto cargo implicada, privándolle do dereito a exercer do mellor modo o seu dereito de defensa, vulnerando os principios de tutela xudicial efectiva e de defensa recollidos na Constitucion.
No escrito asinado polos cargos demisionarios afirman que o desprecio polas formas amosa claramente unha actitude intranxixente e alonxada do que debe ser unha formación democrática e trasparente.
O abuso por parte do actual Secretario Xeral continúa, din, co nomeamento de persoas para ocupar cargos na CEN sen ser refrendados no Consello Nacional como establecen os Estatutos.
Máis alá de estas actuacións que en ningún momento lles foron consultadas
e que na súa opinión carecen de toda legalidade, tamén inciden na falta de
comunicación dentro do partido e que eran uns poucos elexidos os que dirixían o partido ó seu antoxo.
Á vista da pouca claridade e legalidade coa que se está levando o partido
desde os órganos de máxima representacion, presentan a súa dimisión con
carácter irrovocable.
Os cargos que abandona CxG demisionarios son:
OSCAR CASAIS Secretaría de Coordinación da Executiva
MAXI VÁZQUEZ Coordinador territorial da provincia da Coruña
XABIER Secretaría de Política Municipal
EVA ROSENDE Secretaría de Educación e Sanidade
PAULA REY Secretaría de Medio Rural
SUSO ARES Secretaría Técnica Nacional