Detida unha parella da Pobra por tráfico de drogas

27 Maio 2020

A Garda Civil de Boiro (A Coruña) detivo a un home e unha muller de 53 e 51 anos, respectivamente, veciños da Pobra do Caramiñal, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas. Ademais, desarticulou un punto de venda de substancias estupefacientes no domicilio desta parella.

Segundo informou o Instituto Armado, no marco da denominada ‘Operación Lagapete’, no momento da detención do home intervéuselle un teléfono móbil e 320 euros. Durante as vixilancias realizadas no domicilio, os axentes realizaron varias incautacións de droga a persoas que acudían á vivenda desta parella para comprar substancias estupefacientes, motivo polo que se realizaron denuncias administrativas. Na tarde do día 23 de maio levou a cabo un rexistro cunha orde xudicial de dous inmobles dos detidos, no que se interviñeron 4,67 gramos de marihuana, 127 pastillas de metadona, unha gran cantidade de recortes plásticos para realizar as doses, tres basculas de precisión, varios útiles para a manipulación de substancias, dous teléfonos móbiles, tres Ipod, dúas tabletas, un computador portátil e unha defensa eléctrica ( taser paralizador). As mesmas fontes destacaron a droga incautada ao longo desta operación ascende a sete bolsitas de cocaína cun peso de 4,87 gramos, valorados en 301.06 euros; tres bolsitas de heroína con 0,45 gramos, valorados en 26,78 euros; 4,67 gramos de marihuana valorados en 23,81 euros; e 127 pastillas de metadona (20,35 gramos), valoradas en 1.211 euros.

Deste xeito, a Garda Civil dá por finalizada a ‘Operación Lagapete’, ao desarticular un punto de venda na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2 de Ribeira xunto cos detidos.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.