Boiro propón crear unha Escola Oficial de Idiomas no municipio

26 Maio 2020

O goberno local de Boiro leva a pleno a proposta para realizar unha
Escola Oficial de Idiomas no municipio. A Concellería de Educación está a
traballar nos pasos previos para comezar os trámites para a solicitude e posta en marcha dunha Escola Oficial de Idiomas no Concello de Boiro.
No ano 2010, o Consello Escolar Municipal aprobou por unanimidade a
proposta para iniciar os trámites para solicitar unha Escola Oficial de Idiomas no municipio. Desde a Concellería de Educación estase a traballar para continuar con este proxecto e solicitar á Xunta de Galicia a posta en marcha dunha escola oficial de idiomas, unha proposta que nese momento foi denegada.
O Concello de Boiro pretende levar a cabo unha planificación e
desenvolvemento equilibrado en base a coordinación entre administracións e axentes. Para impulsar a educación e a cultura e estimular a formación e o emprego esgrímense argumentos demográficos, xurídicos, pedagóxicos e
tamén sociais.
Para o seu debate no pleno, a concellería de Educación fixo os traballos
previos de consulta aos centros de ensino e AMPAS do municipio, así como
aos distintos Consellos Escolares, sobre a posta en marcha dunha escola
oficial de idiomas en Boiro. Hai unanimidade na totalidade da Comunidade
Educativa a favor dunha Escola Oficial de Idiomas en Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.