Boiro celebra este xoves 28 o pleno ordinario de maio, que será retransmitido por Internet

26 Maio 2020

O Concello de Boiro celebra este xoves día 28 a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de maio. Celebrarase a partir das 20.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial. Debido ás restricións marcadas polas autoridades sanitarias para a fase 2 do Plan de transición cara a nova normalidade, a sesión desenvolverase a porta pechada. Retransmitirase en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. Ao seu abeiro, trataranse cuestións como a proposta do PSOE para crear unha Escola de Idiomas, da que falamos hoxe mesmo en O Barbanza, ou a adopción de medidas sociais e económicas en relación á crise da pandemia achegada polo PP boirense.

A orde do día ao completo será a seguinte:

1. Aprobación das actas das sesións plenarias do 13/02/2020, 11/03/2020 e 12/03/2020

2. Subvención Plan Único Concellos POS+2020. Ratificación de resolución de alcaldía

3. Subvención para gastos sociais extraordinarios POS adicional

4. Subvención para gastos correntes e investimentos financeiramente sostibles – POS adicional

5. Moción do Grupo Municipal do BNG sobre a elaboración dun plan galego de reactivación económica

6. Moción do Grupo Municipal do BNG sobre a derrogación da “Lei Montoro”

7. Moción do Grupo Municipal BNG sobre a adopción de medidas en relación con PEMES e autónomos

8. Moción do Grupo Municipal do PSdG-PSOE sobre a Escola de Idiomas

9. Moción do Grupo Municipal BNG sobre a lingua galega

10. Moción do Grupo Municipal de Boiro Novo/Mixto para a substitución de contedores de lixo.

11. Moción do Grupo Municipal de Boiro Novo/ Mixto para a adopción de medidas de recuperación económica e social no concello de Boiro.

12. Moción do Grupo Municipal do PP en relación coas terrazas dos establecementos de hostalaría.

13. Moción do Grupo Municipal do PP dobre a adopción de medidas sociais e económicas en relación a crise da COVID-19.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.