Boas novas dende Amicos Boiro: todos os residentes e traballadores superaron a loita contra a COVID

15 Maio 2020

Este 14 de maio foi unha xornada para lembrar na Asociación Amicos: unha xornada de celebración. Segundo informaron os responsábeis da entidade, logo dunhas cantas semanas de intenso traballo para plantar cara á COVID-19 nas instalacións da residencia que Amicos ten en Boiro, o virus foi finalmente superado por todos os residentes e traballadores que permanecían en corentena por tela contraído.

Dende o centro agradecen o importante labor de todas as persoas que colaboraron para a superación da crise (entre os que se conta o persoal do SERGAS mobilizado) e que “contribuíron a que se superase esta etapa na asociación”.

Como lembraremos, o pasado 8 de abril confirmáronse 30 casos de contaxio entre os residentes da Residencia Amicos por COVID-19. A partir de aí viñeron semanas de seguimento, coidados, control presencial-telemático para os residentes, corentena nos fogares para o persoal técnico e medidas exhaustivas de loita contra o coronavirus que veñen de saldarse definitivamente cun éxito total de todas as persoas implicadas: a curación de todos os pacientes (residentes e técnicos) afectados pola infección.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.