As Cidades en Europa, un artigo de José Manuel Pena (Stop Deshaucios Barbanza)

08 Maio 2020

A Unión Europea é consciente de que nas cidades concéntrase a maior parte do emprego, das empresas, das institucións de ensino superior, da innovación e a iniciativa empresarial que ofrecen, aos seus habitantes, enormes oportunidades económicas e unha elevada calidade de vida. Na actualidade máis dun 70% dos europeos viven en zonas urbanas, sendo o sector servizos a maior fonte de emprego das economías urbanas de Europa. Así, en Londres, París, Berlín, Madrid e Roma, o sector servizos acapara entre un 80% e un 90% do emprego total.

Malia que as políticas de cohesión da propia Unión Europea teñen en conta o feito de que as zonas urbanas son os motores do cambio económico e o elemento clave para o desenvolvemento rexional europeo, a realidade é que ningunha cidade europea escapa á problemática relacionada coa acumulación de problemas sociais, ambientais e económicos nos barrios desfavorecidos. Estas zonas existen mesmo en cidades como Londres, Viena ou París, pese ao seu medre económico.

Conscientes de que hai que aumentar o atractivo das zonas urbanas desfavorecidas a ollos dos investidores privados, os ministros da UE responsábeis do desenvolvemento urbano recomendan prestar especial atención aos barrios desfavorecidos a través de reforzar a economía local e a política social de emprego; de políticas proactivas en materia de educación e formación para a nenez e a mocidade; revalorizar a contorna así como fomentar un transporte urbano eficiente e alcanzábel, que conecte os barrios desfavorecidos coa cidade e a rexión no seu conxunto, todo iso baixo o prisma dun desenvolvemento urbano sustentábel. Felicidades a todos no Día de Europa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.