Adiante a licitación da gran pérgola da nova estación de autobuses de Ribeira

28 Maio 2020

A xunta de goberno de Ribeira deu luz verde na súa reunión de hoxe ao expediente para a contratación das obras para a construción da nova pérgola da Estación de Autobuses que, cunha lonxitude de 67,75 metros,
servirá de apeadoiro central deste servizo de transporte público e está chamada a ser un novo elemento singular no noso concello Así, segundo consta neste expediente, a actuación ten un prezo de licitación de 246.382 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de 9 meses. A infraestrutura estará emprazada na avenida do Malecón, fronte á praza das Heroínas de Sálvora. En breve comezará o prazo de presentación de ofertas.
Segundo o seu proxecto técnico, a infraestrutura estará conformada por cinco grandes bóvedas en forma de tella de 14,35, 13,14, 11,56, 14,91 e 13,79 metros de longo, con alturas que oscilan na parte superior entre os 4,15 e os 4,65 metros. Os arquitectos responsables da mesma, Santiago Rey Conde e Ismael Ameneiros Rodríguez, defínena como “un diseño atemporal, no lineal, con zonas de espera sentadas, espacios abovedados que amplían el espacio, formas alargadas que permiten proyección a gran cantidad de gente”.

Pérgolas da nova estación de autobuses de Ribeira

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.