A Xunta entrega aos nosos concellos preto de 7.000 unidades de protección

28 Maio 2020

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, vén de informar dun novo fornecemento de material anti-COVID para os nosos concellos realizado esta mesma semana. O subministro incluíu equipamentos para os concellos e, tamén, o noveno envío semana de material para residencias e entidades sociais.

No caso concreto dos concellos desta comarca a partida inclúe 4.300 máscaras, 2.400 luvas e 145 traxes anti-salpicaduras. En total, enviáronse aos concellos 6.886 unidades de protección esta semana, un material que está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.​

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén o noveno envío de material de protección a 4 residencias e entidades sociais dos concellos da área do Barbanza, concretamente a centros en Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. En total, 3.400 EPIs. Enviáronse as residencias e asociacións da comarca, 1.900 luvas e 1.500 máscaras.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.