A Xunta e AGAL enchen as redes de contidos sobre as Letras e Carvalho Calero

14 Maio 2020

O Día das Letras Galegas 2020 será algo máis ca unha simple celebración da nosa cultura: será unha mensaxe universal de ánimo, unión, fraternidade e galeguidade. Ao carácter sen fronteiras e inclusivo da festividade contribuirán dous grandes elementos: o gran compoñente virtual da conmemoración (cun amplo programa de actividades a celebrar nas redes) e o elemento transfronteirizo do pensamento do autor homenaxeado este ano, o ferrolán Ricardo Carvalho Calero, alma mater da recuperación e posta en valor da cerna común galego-lusófona. Estes son os grandes alicerces da alianza formalizada entre a Consellería de Cultura e a a Associaçom Galega da Língua (AGAL), que presentaron hoxe un amplo programa común de actividades, as da Semana das Letras Galegas, que inclúe proxectos divulgativos da figura, vida, obra e traxectoria de Ricardo Carvalho Calero.

A axenda foi presentada esta quinta feira, 14 de maio, nun encontro dixital organizado pola AGAL, no que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, acompañados do presidente da AGAL, Eduardo S. Maragoto. O encontro dixital contou tamén coa participación do director de Ouvirmos, Xosé Aldea.

Segundo fixeron saber, ao abeiro desta colaboración vén a luz a web Carvalho Calero 2020, nas súas versións oficial adaptada á norma ILG-RAG e tamén á de AGAL; o avance do proxecto expositivo A voz presente, á “espera de que as circunstancias motivadas pola COVID-19 permitan o arranque da itinerancia prevista en varios puntos de Galicia e en Portugal”; as unidades didácticas dirixidas ao ensino primario e secundario coordinadas por Teresa Crisanta V. Pilhado e Eduardo Maragoto e diagramadas por Uxio Outeiro; as guías de lectura de Scórpio elaboradas por Susana Sanches Arins e Teresa Crisanta V. Pilhado; e materiais audiovisuais.

Carvalho Calero na praza da Quintana de Santiago

A voz presente, avance online

Ademais dos materiais didácticos, escolares e divulgativos de Carvalho Calero pendurados no Portal da Lingua Galega e na campaña #aculturasegue, no que se poden consultar en aberto a biografía e obra do autor, fotografías e traxectoria, a web da Consellería de Cultura e Turismo ofrece un avance dos contidos, en formato dixital, que configuran o proxecto expositivo A voz presente. A mostra institucional conmemorativa das Letras Galegas 2020 está promovida pola AGAL en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, e comisariada polos profesores Carlos Quiroga e Xosé Luís Rodríguez e deseñada e producida por Ouvirmos S.L., cos obxectivos de difundir a dimensión artística, humana e lingüística de Ricardo Carvalho Calero e de poñer en valor e “resituar a súa figura e o seu legado”. A exposición percorrerá até decembro diferentes recunchos da nosa xeografía e tamén do país irmán, onde fará unha recalada no Concelho de Viana do Castelo (Portugal), coa colaboración do eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, en canto as restricións o permitan e baixo dobre formato, amplo, con exhibición nos concellos de Ferrol e Santiago de Compostela, e reducido, con paradas en concellos da Rede de Dinamización Lingüística, bibliotecas nodais e Museu do Traje (Concelho de Viana do Castelo, Portugal). Os paneis expositivos e o folleto explicativo pódense descargar en Lingua.gal.

Materiais didácticos

Segundo se fixo saber este 14 de maio, tamén están dispoñíbeis nas mesmas páxinas de Internet as unidades didácticas deseñadas pola AGAL en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e coa Deputación da Coruña, coordinadas por Teresa Crisanta V. Pilhado e Eduardo Maragoto e diagramadas por Uxio Outeiro coa finalidade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa, en especial entre o profesorado de galego e de portugués de todos os niveis do ensino público non universitario.

Baixo os títulos Á descuberta de Carvalho Calero, de Bernardo Penabade; Carvalho Calero e a literatura e Carvalho Calero e a lingua, ambas as dúas de Marisa Moredo Leirado, e Carvalho Calero para o ensino primario, de Laura García Diaz, faise un percorrido pola vida e a obra do autor, cunha detallada cronobiografía e diversas tarefas que teñen como obxectivo salientar o seu papel como estudoso da literatura galega, docente e lingüista.

Scórpio

Os materiais didácticos inclúen dúas guías de lectura da novela Scórpio, a derradeira obra publicada en vida de Carvalho Calero, en 1987, e, segundo salientaron no acto desta quinta feira, “a máis carismática do autor”, asinadas por Susana Sanches Arins e Teresa Crisanta V. Pilhado. Para alén de apoiar estas iniciativas de divulgación social promovidas pola AGAL, a Consellería de Cultura e Turismo apoia a edición dos títulos conmemorativos do ferrolán impulsados polo seu selo editorial Através Editora, Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra e Scórpio, así como o acto de lectura pública desta segunda obra, previsto inicialmente para o 16 de maio mais adiado até que a situación derivada pola pandemia permita celebralo en condicións óptimas de garantías sanitarias.

Outros artigos

Exposición de modelismo naval no Liceo Marítimo de Ribeira

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou esta fin de semana a exposición de modelismo naval que se pode ver no Liceo Marítimo de Ribeira, unha mostra que reúne pezas únicas e de gran valor artesanal vinculadas á tradición mariñeira da...

+

“No punto de mira”. Luís Celeiro

Entre eles mordíanse en silencio e mancábanse canto podían, como se fosen inimigos que seodiaban, dentro da mesma casta, pero querían aparentar o contrario, como se fosen amigosda alma ou irmáns, como se navegaran na mesma barca e o caladoiro fose só deles ou, entodo...

+

Rianxo celebra este domingo 22 as Festas do Santísimo Sacramento

A Asociación de Veciños do Santísimo Sacramento de Rianxo preparou para o vindeiro domingo 22 de xuño unha intensa programación festiva que rematará cunha verbena na praza de Castelao. Ademais, residentes e visitantes poderán desfrutar das tradicionais alfombras...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.