A Unión Europea destaca o compromiso co software libre do Concello de Rianxo

02 Maio 2020

O Concello de Rianxo leva anos apostando pola tecnoloxía sen cancelas: a que se comparte libremente, ceiba do pago de licenzas privativas e ten a vantaxe de poder ser adaptada a diferentes contornas e mellorada en comunidade, unha aposta que segue a manifestarse en diversas iniciativas, como por exemplo a recente adopción do sistema Jitsi para impulsar as vídeo-conferencias e o teletraballo. Na recta final de abril, o proceso rianxeiro de implantación de software libre foi destacado como exemplo a seguir polo Open Source Observatory and Repository (OSOR) da Unión Europea, que publicou unha entrevista co Departamento de Informática municipal.

Tras coñecer a posta en marcha do servidor propio de Jitsi, o sistema libre de vídeo-conferencia, Gijs Hillenius, integrante do OSOR, contactou co Departamento de Informática do Concello de Rianxo para interesarse pola situación do concello en canto á adopción de tecnoloxías libres e de código aberto.

A través dunha vídeo-conferencia-entrevista, Hillenius quixo coñecer os pasos que se deron na implantación do software libre, e ao mesmo tempo achegar as experiencias doutras entidades que tamén apostaron por tecnoloxías sen cancelas con vistas a seren aproveitadas, tamén, polo concello barbanzán.

Sobre a entrevista publicouse un artigo no blog do OSOR.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.